martes, 19 de enero de 2010

DESCULPAS AZULADAS

AVISO PARA NAVEGANTES: por si non quedou aclarado noutras ocasións volvo a repetilo.NINGÚEN do Café Cultural Auriense ten que ver coa plataforma civica Auriense Enteira, queremos dicir con esto que os comentarios escritos por dita plataforma son alleos a elesSeica sentaron mal as califificacións de "pitufos fascistas" dentro e fora da Policia Local, queixas que trasladaron á xente do Auri. Non era a nosa intención molestar a ninguen ,tan so describir unha situación real: son azuis e actuaron de forma pouco democrática, mais o dito quedan retirados os adxectivos e agradeceriamos deixasedes as vosas queixas nos comentarios ou no mail

lunes, 11 de enero de 2010

domingo, 10 de enero de 2010

MANIFESTO

O Café Cultural Auriense foi precintado o venres 8 de Xaneiro por orde Municipal.

É unha medida ben fácil de tomar para os que cren que a vida son procesos administrativos: o que non sabemos é se saberán ou serán conscientes os administradores públicos que pechan a ilusión dos emprendedores e impiden unha actividade que dá traballo a 8 persoas que substentan oito familias, en tempos de crise.

O que tamén non sabemos é se saberán ou serán conscientes os administradores públicos que desde o ano 2000 o Café Cultural Auriense é o maior foco de dinamización cultural da cidade, con 100 actos e actividades culturais ao ano e mais de 40000 asistentes e participantes neste nove anos de compromiso coa cultura, a música, a xuventude e a cidade.

Ou será por isto mesmo polo que precintan a Auriense?

40000 asistentes e participantes que todos e cada un deles, todas e cada unha delas desde o primeiro día, pagaron, pagan e pagarán gostosamente o seu billete de entrada porque, o Café Cultural Auriense, nisto como en moitas outras cousas é pioneiro exemplar: nesta casa todos os artitas cobran porque o seu público asi o posibilita.

Espazo criativo, libre, democrático, horizontal, participado, colectivo.... sempre xenerando creatividade e ilusión entre a xente xoven, sempre ofrecendo un espazo profesional para a xuventude criadora e criativa de Ourense e sempre hospitalario para que cantos queiran parar na nosa cidade para regalarnos a súa criatividade ou o seu coñecemento teñan un fogar do artista sempre aberto.

Por todo isto, os e as asinantes manifestamos que o precinto do Café Cultural Auriense non só é inxusto é antieconómico senón que semella un episodio máis do mundo ao revés: é precintado cando debía ser protexido e proxectado como espazo de referencia da cidade para a música e a cultura.

E é por isto mesmo, que os asinantes manifestamos a nosa solidariedade, o noso apoio e a nosa disponibilidade firme e permanente para que o Café Cultural Auriense poda traballar e continuar ofrecendo a Ourense ese espazo criativo, libre, democrático, horizontal, participado e colectivo que sempre o será porque a Auriense facemo-la NÓS.

MOTIVOS DO PECHE

Pecharon o Auriense porque din que é un pub e non un café bar. Baseanse nun informe policial desfavorable ( e mentiroso) ,e obvian tres informes posteriores favorables xunto cun acta notarial, nos que SI se di que o AURIENSE cumple a actividade de café bar para a cual ten licenza... Moi importante que saibades que en 9 anos o Auriense NUNCA tivo unha soa denuncia nen por ruidos,nen por horario, nen de veciños.

PRESENTAZÓN

Auriense Enteira é un movemento social que nace o 8 de Xaneiro de 2010 en protesta polo peche inxusto dun espazo aberto á cultura da cidade: O CAFÉ CULTURAL AURIENSE.