domingo, 10 de enero de 2010

MANIFESTO

O Café Cultural Auriense foi precintado o venres 8 de Xaneiro por orde Municipal.

É unha medida ben fácil de tomar para os que cren que a vida son procesos administrativos: o que non sabemos é se saberán ou serán conscientes os administradores públicos que pechan a ilusión dos emprendedores e impiden unha actividade que dá traballo a 8 persoas que substentan oito familias, en tempos de crise.

O que tamén non sabemos é se saberán ou serán conscientes os administradores públicos que desde o ano 2000 o Café Cultural Auriense é o maior foco de dinamización cultural da cidade, con 100 actos e actividades culturais ao ano e mais de 40000 asistentes e participantes neste nove anos de compromiso coa cultura, a música, a xuventude e a cidade.

Ou será por isto mesmo polo que precintan a Auriense?

40000 asistentes e participantes que todos e cada un deles, todas e cada unha delas desde o primeiro día, pagaron, pagan e pagarán gostosamente o seu billete de entrada porque, o Café Cultural Auriense, nisto como en moitas outras cousas é pioneiro exemplar: nesta casa todos os artitas cobran porque o seu público asi o posibilita.

Espazo criativo, libre, democrático, horizontal, participado, colectivo.... sempre xenerando creatividade e ilusión entre a xente xoven, sempre ofrecendo un espazo profesional para a xuventude criadora e criativa de Ourense e sempre hospitalario para que cantos queiran parar na nosa cidade para regalarnos a súa criatividade ou o seu coñecemento teñan un fogar do artista sempre aberto.

Por todo isto, os e as asinantes manifestamos que o precinto do Café Cultural Auriense non só é inxusto é antieconómico senón que semella un episodio máis do mundo ao revés: é precintado cando debía ser protexido e proxectado como espazo de referencia da cidade para a música e a cultura.

E é por isto mesmo, que os asinantes manifestamos a nosa solidariedade, o noso apoio e a nosa disponibilidade firme e permanente para que o Café Cultural Auriense poda traballar e continuar ofrecendo a Ourense ese espazo criativo, libre, democrático, horizontal, participado e colectivo que sempre o será porque a Auriense facemo-la NÓS.

2 comentarios:

  1. Conozco bien el problema de las licencias y el Concello de Ourense, porque yo mismo fue afectado personalmente por el problema.

    Por ello sé bien que la solución es caña, caña y caña al sistema soviético y brutal de los "dioses" de Urbanismo y el PERI, un hatajo de mafiosos de churrasquería que sólo entienden la ley del más fuerte. Y nada más fuerte que generar opinión pública contra ellos, para así forzarlos a la reapertura.

    no hay otra salida.

    ResponderEliminar
  2. Que fácil es despotricar.
    Fue precintado por ejercer la actividad de pub, para la cual no tenia permiso, licencia ni nada.
    ¿Sabes la diferencia que hay entre café cultural (que eso es) a Pub?
    ¿Sabes que tenias ya varios apercebimientos de cierre por no acatar la legalidad?.
    Aunque todo es mas fácil cuando se cuenta con familia en el poder ¿verdad?.
    Ya se ve que para hacer "caja" a algunos les da igual los medios y las ilegalidades que comenten, y otros se hacen abanderados de causas perdidas sin tener la mínima idea del tema.

    ResponderEliminar